===== Os cabaleiros da táboa rachada ===== {{ doc:edu:lecturas:caballero:caballero.gif?nolink |}} * De **Queta Soto**. * Grupo de teatro escolar **Trebellos**. * AMPA Ponte dos Brozos. * Dirixe: **Melandrainas**. * Representación: 2016. ==== Sinopse ==== Os reises de Eidevere quedaron sen reino, sen terras e sen nada por mor das innumerables batallas perdidas e porque, no fondo, son un auténtico desastre. Viven no medio do bosque, nun carromato vello xunto dun criado e unha doncela que son todo o que lles queda. A única esperanza dos reises de Eidevere é ter un fillo. Un fillo ó que poder casar cunha rica e belida princesa que os levará a vivir ó seu Pazo. Máis a sorte, que sempre é caprichosa, e nestes casos máis, non lles quixo agasallar cun fillo senón cunha filla... ==== Persoaxes ==== 01.- SEXISMUNDA (a raíña) ............ 02.- REICAREDO (o rei) ............... 03.- LERIAS (o criado do rei) ........ 04.- PAXARICA (a doncela da raíña) ... 05.- RAIMUNDA (a princesa) ........... 06.- CARDOLIÑO (o dragón) ............ 07.- PRÍNCIPE SINCALDO ............... 08.- TIROLIRO (o bufón) .............. 09.- CAMIÑANTE 1 ..................... 10.- CAMIÑANTE 2 ..................... 11.- CAMIÑANTE 3 ..................... 12.- CAMIÑANTE 4 ..................... 13.- CAMIÑANTE 5 ..................... 14.- CAMIÑANTE 6 ..................... 15.- CAMIÑANTE 7 ..................... 16.- PANTASMA 1 ...................... 17.- PANTASMA 2 ...................... 18.- PANTASMA 3 ...................... 19.- PANTASMA 4 ...................... 20.- PANTASMA 5 ...................... 21.- PANTASMA 6 ...................... 22.- PANTASMA 7 ...................... ==== Escena I ==== //- Cando se abre o pano vese o souto dun bosque. Espallados polo chan, enseres e roupas vellas. No medio da escena o rei ten unha tixola ao lume na que está a fritir ovos, namentras que a raíña está a arranxar unha mesa coa axuda do criado e a doncela -// **SEXISMUNDA**.- Atúrame ahí, rapaza que lle ei poñer outra punta //(clava na mesa estrepitosamente)// ...Pois coma vos estaba a dicir: "Había unha vez un reino tan desastroso, tan desastroso, tan desastroso que nin os dragóns metían medo ningún". **LERIAS E PAXARICA**.- ¿Ningún? **SEXISMUNDA**.- ¡Nada! E os reises tampouco é que foran moi bos no seu oficio. Non facían máis que perder guerras e metela pata, total, que perderon todo canto tiñan, castelo, terras, todo e remataron vivindo nun carromato no medio do bosque. **LERIAS E PAXARICA**.- ¡No medio do bosque! ¿E vivían eles sos? **SEXISMUNDA**.- Non, vivían coa única compañía que lles quedara: un criado e unha doncela. //(Lerias e Paxarica ollánse estranados)// Estaban así as cousas cando... unha mañá coma ista, a raíña foi a darlle ó rei unha boa nova. **REICAREDO**.- //(botando os ovos nun prato)// ¡Sexismunda, xa está o almorzo! ¡Sexiiiiiiiiiiis! **SEXISMUNDA**.- ¡Voooooou! //(Vai onda Reicaredo)// Reicaredo, escoita, teñoche que dicir algo... Reicaredo: ¡Imos ser pais! **REICAREDO**.- ¡Un fillo, Xexismunda! ¡Estupendo! ¿Te imaxinas? Cando o noso fillo medre casarase cunha rica e belida princesa... **SEXISMUNDA**.- ¿Paréceche meu rei? //(moi agarimosa cóllelle as mans)// **REICAREDO**.- ...E entón poderemos voltar á boa vida... Xa o verás, xa... //(dalle unha boa aperta)// **SEXISMUNDA**.- ¡Aiiiiiii! ¡Aiiiiiiii, Reicaredo que coido que xa está eiquí aiiiiiii! //(Váise Sexismunda asistida por Paxarica cara ó fondo. Reicaredo e Lerias quedan preocupados movéndose dun lado a outro. Paxarica sae axiña)// **PAXARICA**.-¡É unha nena! ¡É unha nena! ==== Escena II ==== //(Mismo decorado. Rosamunda, que xa é unha moza, está a xogar no chan co dragón coma se fose un can. Ao seu carón atópanse Lerias e Paxarica)// **ROSAMUNDA**.- ¡Cardoliño! ¡Ven Cardoliño! ¡Cardoliño, toma bonitiño!... //(tíralle un pao e agarda a que o traía)// **PAXARICA**.- Non se fai cousa boa dista rapaza. **LERIAS**.- ¿E qué lle queres? **ROSAMUNDA**.- ¡Toma bonitiño! ¡Vaites por él! //(volta a tirárllelo)// **CARDOLIÑO**.- //(que trae o pao na boca, déixao caer e senta aburrido ós pes de Rosamunda)// Non quero xogar máis... **ROSAMUNDA**.- ¡Qué bobo! ¿Non che gustaban tanto os pinchecarneiros? **CARDOLIÑO**.- ¡Xa non! ¡abúrrome! **PAXARICA**.- De seguro que preferiría queimarlle o cú a alguén... ja, ja, ja... **CARDOLIÑO**.- ¡A vos!... //(érguese e váise enfurruñado)// **ROSAMUNDA**.- Veña oh, non te enfades... agora tiras ti. ¡Cardoliño! **TODOS**.- ¡Cardoliñoooooo! //(marchan trás dél, salen...)// **SEXISMUNDA**.- //(que sae pola beira contraria falando con Reicaredo moi preocupada)// Non sei que imos facer ca nosa filla, Reicaredo... non sei que imos facer..., non se peina, non se arranxa e anda todo o día a brínquedos polas corredoiras con isa birria de dragón. //(senta abatida)// //(nese intre voltan Rosamunda, Lerias e Paxarica que quedan escoitando)// **REICAREDO**.- Non te preocupes, Sexis. Nalgún lugar hai un príncipe ben rico e ben parecido agardando por ela. //(senta onda ela)// **ROSAMUNDA**.- Pois xa pode esperar sentado. **SEXISMUNDA**.- ¿E ise príncipe tan rico e tan guapo estará disposto a casar coa nosa filla, Reicaredo? **REICAREDO**.- De seguro. Rosamunda é unha rapaza... é unha rapaza... Valente, intelixente... Non poderá resistirse, e entón, enamoriscaránse, casaránse e nos iremos a vivir ó seu pazo. **SEXISMUNDA**.- ¿E ti crés Reicaredo que a nosa filla quererá? **REICAREDO**.- ...Xa o verás, xa... **ROSAMUNDA**.- //(entra, saíndo das agachadas)// ¡De ningún xeito! ¡Nunca casaréi con ningún estúpido e fachendoso príncipe! ¡Nunca iréi a vivir a ningún castelo! ¡Xamáis! **SEXISMUNDA**.- ¿Pero filla que estás a dicir? Pensa nos teus pais... **REICAREDO**.- Pensa no teu pai, Rosamunda... **ROSAMUNDA**.- ¡Dixen que non! //(Tira o pao ao chan e marcha correndo, salen)// **XESISMUNDA**.- ¿E agora que facemos? Adeus ao noso castelo, buaaaa... **REICAREDO**.- Non te preocupes, querida, xa se nos ocorrirá algo. Xa o verás, xa... //(Colléa polo ombreiro e vánse, marchan)// **PAXARICA**.- Ai, Lerias, que nos vexo de por vida comendo setas!... **LERIAS**.- Pois xa se verá, xa... //(vanse tamén, marchan)// ==== Escena III ==== // - Mismo decorado. Aparece o príncipe Sincaldo que ven cabalgando. Porta armadura e espada. Tiroliro, o bufón, ven asubiando e choutando darredor dél trancándollelo paso - // **SINCALDO**.- ¡Oes, ti, estúpido bufón! ¿Cómo te atreves a vir onda mín e non saudarme? **TIROLIRO**.- //(facéndolle mofa canta quere e máis)// ¡Oes ti, estúpido bufón! ¿Cómo te atreves a vir onda mín e non saudarme? **SINCALDO**.- ¡Insolente! **TIROLIRO**.- ¡Insolente! **SINCALDO**.- ¡Basta xa, ou...! **TIROLIRO**.- ¡Basta xa, ou...! **SINCALDO**.- Incríble... ¿e qué non sabes quén son? **TIROLIRO**.- Incríble... ¿e qué non sabes quén son? **SINCALDO**.- ¡Ti es un estúpido bufón! **TIROLIRO**.- ¡Ti es un estúpido bufón! **SINCALDO**.- ¡Ti, érelo bufón! **TIROLIRO**.- Iso é o que eu dicía: ¡Ti, érelo bufón! **SINCALDO**.- Xa abonda de parvadas! **TIROLIRO**.- E digo eu... ¿cóma é que ti, un estúpido bufón, atréveste a chamarme a mín bufón? **SINCALDO**.- Porque ti érelo bufón, estúpido bufón e eu son o príncipe Sincaldo. **TIROLIRO**.- Iso é o que eu dicía: Eu son o príncipe Sincaldo e ti érelo bufón, estúpido bufón. **SINCALDO**.- ¡Ao revés! **TIROLIRO**.- ¿Qué nos apostamos? **SINCALDO**.- Ja, ja, ja... ¡O estúpido bufón quere apostar conmigo a que él é o príncipe e eu son o bufón!... Pois ben, acepto a aposta. Me xogo o meu cabalo, a miña espada e a miña armadura contra o teu traxe de bufón. ¿Qué, faiche? **TIROLIRO**.- De seguro. Choca ises cinco, //(baten as mans)// Aínda que é unha mágoa... **SINCALDO**.- ¿O qué? **TIROLIRO**.- Pois que esquencín o meu axóuxere e sen él non poderéi apostar. **SINCALDO**.- ¿E por qué non o buscas? **TIROLIRO**.- Tes razón. Buscaréino. //(fai que o busca por tódolos recunchos pero en realidade o que fai é agachálo)// E digo eu... que si estivera moito máis lonxe... podería tardar varias horas en atopalo. **SINCALDO**.- Uf, ¿tanto?... Se souberas cabalgar... eu podería deixarche o meu cabalo. **TIROLIRO**.- Si que sei, si que sei. //(Sincaldo baixa do cabalo e llo da a Tiroliro que da unha volta polo escenario)// ¿Vélo? Arre, arre cabalo... E digo eu... **SINCALDO**.- ¿Qué pasa agora? **TIROLIRO**.- Ocórreseme que se de camiño me atacaran os ladróns e quixeran roubarme o cabalo... **SINCALDO**.- ¡Veña, home! ¿Quén querería roubarlle a un estúpido bufón? **TIROLIRO**.- Podería atopar un ladrón que mo quixera levar diante do meu nariz. **SINCALDO**.- Ummm... ben, coido que tes razón. Prestaréiche a miña espada. //(quita a espada e lla da a Tiroliro)// **TIROLIRO**.- ¡Guachi, que chutada! Semella estar feita para mín. //(da outra volta polo escenario)// Arre, arre cabalo... E digo eu... **SINCALDO**.- Ou, que leria ¿e agora qué foi? **TIROLIRO**.- Ocórreseme que se os ladróns se puxeran a disparar frechas non podería detélas. **SINCALDO**.- ¡Demo de bufón! Outra vez tes razón. Agarda, deixaréiche a miña armadura. //(quita armadura quedando en roupa interior)// **TIROLIRO**.- Non sei que me da deixarche así, espido, no medio do bosque. Coido que terías que poñéla miña roupa para non coller un resfriado, //(quita a súa roupa e viste a armadura)// **SINCALDO**.- Veña, e agora bule. Vai búscalo teu estúpido axóuxere. **TIROLIRO**.- Si, vóume... arre, cabalo... //(da unha volta polo escenario)// E digo eu... **SINCALDO**.- ¡Estúpido bufón! ¿Qué raio queres agora? **TIROLIRO**.- Ocórreseme que teríamos que aclarar unha cousa. **SINCALDO**.- ¿O qué? **TIROLIRO**.- ¿Cóma saberemos quén dos dous é o cabaleiro é quén o bufón? **SINCALDO**.- ¡Ti es parvo! ¿Non. si? Calqueira o sabería. Calqueira que pasara neste intre por eiquí. ¡Veña! ¡Bule! **TIROLIRO**.- Vale, vale...¿Ou, pero qué estou vendo? Ahí está o meu axóuxere. Qué sorte //(vai a collélo)//. Por certo, vexo que tamén se achéga alguén. ¡Apostamos! **SINCALDO**.- ¡Apostamos! //(baten de novo as mans namentras Rosamunda e Cardoliño chegan onda eles subidos nunha desastrosa bici)// **OS DOUS**.- Bos días belida dama. //(sentan)// **ROSAMUNDA**.- //(dirixíndose a Tiroliro)// Bos días noble cabaleiro. **CARDOLIÑO**.- //(enfurruñado)// Bos días... bos días... **SINCALDO**.- //(enfadado)// ¡Qué frescura! Perdoe, miña dona mais eu son o noble cabaleiro. ¿Non o ve? **ROSAMUNDA**.- //(a Tiroliro)// Que güasa ten o bufón ¿non si? Sempre disposto a gastar unha broma. Non se aburrirá con él ¿verdade cabaleiro? **TIROLIRO**.- ¡Gañeite! ¡Gañeite! //(alonxándose co cabalo)// ¡Adeuuus! **ROSAMUNDA**.- Adeeeeus, adeeeeeus, noble cabaleirooooo... //(despídeo cun paño na man. Tiroliro da unha volta, se achega e o colle coa punta da espada, sale e mutis pola dereita que acaba sendo pola esquerda)// **SINCALDO**.- ¿Pero qué fan? ¡Axúdenme! ¡Volve estúpido bufón! ¡Ao ladrón! ¡Ao ladróoooooon! //(corre tras dél mais non consigue atrapálo e volta derrotado)// **CARDOLIÑO**.- //(vai trás dél tamén herrando)// ¡Ao ladróoooooooon! **ROSAMUNDA**.- Non te poñas así, home, o teu amo marchou. Anda, vaites ti tamén. **SINCALDO**.- //(déixándose caer no chan)// ¡Qué disparate! ¡Que vergonza! Buaaaa... ¡Un príncipe coma mín!... Buaaaa... Ise estúpido bufón enganóume e deixóume sin cabalo, sin espada, sin caldo, sin ná de ná... Buaaaa... ¿Cómo vou voltar agora ó meu castelo? **CARDOLIÑO**.- Camiñando, non che digo... **ROSAMUNDA**.- //(o colle aparte)// Non señas bruto. ¿Sabes, Cardoliño? Coido que ten razón, que o cabaleiro é él e co seu bufón gastóulle unha broma pesada. //(a Sincaldo)// Escoita trosma cabaleiro... digo... noble cabaleiro, se queres, nos podémoste levar. **SINCALDO**.- //(levantando a cabeza incrédulo)// ¿Vos? ¿Unha feble damisela e un dragón que perdeu o fol? Grazas, oh... pero non. **CARDOLIÑO**.- //(botándose a él)// Eu non perdín nada... xa verás... //(tenta botarlle unha laparada máis non pode)// **ROSAMUNDA**.- Tampouco tí es un pincel precisamente. E ademáis, somentes íamoste acompañar, mais, se non queres... Chao. //(comenzan o mute)// **CARDOLIÑO**.- ¡CHA-O! **SINCALDO**.- //(erguíndose rápidamente do chan coa intención de detéla)// Non te amoles, non te amoles, por favor... e que... non é compañía o que preciso neste intre. **ROSAMUNDA**.- ¿Qué precisas logo? **SINCALDO**.- Preciso brazos nobles e certeiros, valentes e leáis que me axuden a vencelo o inimigo. **ROSAMUNDA**.- ¿Qué inimigo? **SINCALDO**.- Unha ducia de pantasmas **OS DOUS**.- ¿Pantasmas? ¿Qué pantasmas? **SINCALDO**.- As que me roubaron o castelo e me botaron fora dél. **ROSAMUNDA**.- Pero ti o perdes todo, parviño... **CARDOLIÑO**.- Outro que tamén... **ROSAMUNDA**.- Nos loitaremos ó teu carón se é preciso. Non nos asustan as pantasmas. ¿Verdade Cardoliño? **CARDOLIÑO**.- ¿Que non...? **ROSAMUNDA**.- Veña, príncipe Sincaldo, sube, ímos ó teu castelo. **SINCALDO**.- ¿Non vos arrepentiredes? **ROSAMUNDA**.- ¡Non! **CARDOLIÑO**.- Eu xa logo estou... **SINCALDO**.- Pois entón, ímos. //(sube na bici as costas de Rosamunda)// **CARDOLIÑO**.- Eu non vou... eu non vou... **ROSAMUNDA**.- Xa o creo que vas... e ademáis, diante. Tira. //(Saen todos por unha beira. Faise escuro)// ==== Escena IV ==== // - Exterior do castelo de Sincaldo. Ciscados polo chan hai enseres vellos e cheos de teas de araña, cousas amontoadas ou rotas - // **PANTASMAS**.- //(música de “A granxa de Pepito“)// Do castelo de Sincaldo ia, ia, uuuuuuh todos saen asustados ia, ia uuuuuuh facemos cling facemos clang e fastidiamos sen parar. No castelo de Sincaldo ia, ia, uuuuuh. **PANTASMA 1**.- ¡Tchist! ¡Silencio, agachádevos que ven alguén! //(todos corren a agacharse)// // - Dende o fondo achéganse un grupo de camiñantes vestidos de peregríns. Veñen camiñando mainiño por mor do cansancio. Entran - // **CAMIÑANTES**.- //(música de “Fun, fun, fun“)// Estámosche moi cansados fun, fun, fun Con fame e con moita sede fun, fun, fun Somentes necesitamos un sitio prá descansar, prá comer e prá lavarnos e para durmir un rato, fun, fun, fun. //(segundo falan déixanse caer estromballados no chan)// **CAMIÑANTE 1**.- Este é un bo sitio. Descansaremos aquí. //(inspeccionándoo)// **CAMIÑANTE 2**.- ¡Non podo máis! ¡Dóenme moito os pés! //(sacando as botas)// **CAMIÑANTE 3**.- ¡Acabóuse o camiñar! //(sacando o sombreiro e a capa)// **CAMIÑANTE 4**.- ¡Non sinto as pernas! //(dándose maxases nélas)// **CAMIÑANTE 5**.- Non me gusta nada este lugar. //(ollando para tódolos lados)// **CAMIÑANTE 6**.- A mín tampouco. Teño medo. //(xúntase ó camiñante 5)// **CAMIÑANTE 1**.- Deixádevos de parvadas. Este castelo está abandoado. **CAMIÑANTE 2**.- De seguro, está todo tan vello e destartalado... **CAMIÑANTE 3**.- Ollade... a porta está pechada. **CAMIÑANTE 7**.- É verdade. Irei a ver... //(vai cara ó fondo)// **CAMIÑANTE 4**.- ¡Pero non lle toques! **CAMIÑANTE 1**.- Vale. //(berra dende o fondo)// Tes razón, está pechada e... non, non... abre. //(tira forte déla e, co impulso, ven a caer ó medio)// **CAMIÑANTE 2**.- Ó mellor está enganchada... **CAMIÑANTE 3**.- Ó mellor está encantada... **CAMIÑANTE 1**.- Pois se está encantada... haberá que desencantala... **CAMIÑANTE 2**.- Eu sei unhas verbas máxicas: “Mulán, culán, pan, cibulán“. **TODOS**.- Isas non serven. **CAMIÑANTE 3**.- Eu sei outras: “Tocalatapí, culi, culi, pí“. **TODOS**.- Isas tampouco. **CAMIÑANTE 4**.- ¿E aquelas que din: “Sinsalabín, sinlapuertín”? **TODOS**.- ¿Pero qué dís? **PANTASMAS**.- //(dende os seus recunchos facendo ruido cás cadeas, olas e demáis obxetos metálicos)// Uuuuuuuuuh, Uaaaaaaaah A porta non se abriráaaaaa //(duas veces)// **CAMIÑANTES**.- //(medoñentos)// ¿Es-co-i-tá-che-des-i-so? **CAMIÑANTES 4, 5 e 6**.- Nos marcha-cha-cha cha-cha-mos. //(tremendo)// **CAMIÑANTES 2 e 3**.- Nos-ta-ta-ta ta-ta-mén... **CAMIÑANTE 1**.- ¡Diso nada! Non podemos marchar ata que saibamos o que pasa ahí dentro. **CAMIÑANTE 2**.- ¿Pero é qué non escoitáches? **CAMIÑANTE 3**.- O que pasa ahí dentro... **TODOS**.- ¡Son pantasmas! //(Segundo o dín, dan as doce da noite no vello reloxo)// **PANTASMAS**.- Xa derón as doce xa estades correndo cas vosas mochilas a tomalo vento que tururururú que tururururú que tururururú que tururururúuuuuuuuuuuuh //(Saen todos escorrentados sen saber moi ben por onde ir. Uns corren para acó, outros prá acolá, un sen as botas, outro sen sombreiro, sen mochila, etc. Finalmente acaban marchando por onde viñeran. Na súa fuxida baten con Sincaldo, Rosamunda e Cardoliño que viñan cara ó castelo, caendo todos no chan botando un gran berrido arrepiante)// **CAMIÑANTES 2 e 3**.- //(tapando a cara)// ¡Non fixemos nada! ¡Non fixemos nadaaa! **CAMIÑANTES 4, 5 e 6**.- ¡Non nos coman! ¡Non nos comaaan! //(choramicando)// **CAMIÑANTE 1**.- ¡Qué Pantasmas máis raras! //(achegándose)// Perdoen a pregunta mais ¿dende cando as pantasmas teñen bici? **SINCALDO**.- Non, por favor, non se amolen. Non somos pantasmas. Eu son o príncipe Sincaldo e iste é o meu castelo. **ROSAMUNDA**.- E eu son a princesa Rosamunda e iste é o meu dragón. **CAMIÑANTE 1**.- E eu son “Tita Pisuerga” e istes “os cucamonas“ non che digo... //(todos tan coma se tocasen nunha orquesta)// **SINCALDO**.- Normal, ninguén me tomará en serio con istas roupas. //(baixa da bici e senta abatido)// **ROSAMUNDA**.- Para a súa información lle diréi que iste é o auténtico principe Sincaldo, amo e señor distas térras. //(baixa tamén)// **CAMIÑANTE 1**.- ¿Ai, si? ¿E dende cando os príncipes se visten coma se fosen bufóns? **SINCALDO**.- Uf... isa é unha istoria moi longa de contar. **CAMIÑANTES**.- Conte, conte... //(séntanse onda él)// **CARDOLIÑO**.- Si, si, si, si... conta... conta... //(botando a lingua coma os cans)// **ROSAMUNDA**.- //(de pé, seria e cortante)// O seu estúpido bufón gastóulle unha broma e roubóullelo traxe, a espada e o cabalo. **CAMIÑANTE 2**.- ¿E por qué está o seu castelo cheo de pantasmas? **ROSAMUNDA**.- Porque as estúpidas pantasmas llo roubaron e o botaron tora. **CAMIÑANTE 2 e 3**.- ¿E por qué lle rouban sempre todo? **CAMINANTE 4, 5 e 6**.- ¿E por qué lle chaman “Sincaldo”? **CARDOLIÑO**.- Porque é parviño... **TODOS**.- J¡, ji, ji... //(rín cá boca pequeña)// **ROSAMUNDA**.- //(fastidiada)// ¡E por qué, e por qué, e por qué! ¿E por qué están todos vostedes eiquí fora? **CAMIÑANTE 1**.- ¿Porque dentro están as pantasmas? **TODOS**.- //(batendo as mans uns cos outros)// Moi bo, moi bo... Jua... juaaa... **ROSAMUNDA**.- //(enérxica collendo a espada)// ¡Basta xa! Coido que a situación non é para nada divertida. Sincaldo ten que recuperalo seu castelo e nos ímoslle axudar. ¿estamos? **CAMIÑANTE 1**.- Home... nos... no que poidamos axudar... **ROSAMUNDA**.- Moi ben, a ver, ¿que sabedes facer? //(vainos sinalando coa espada)// **CAMIÑANTE 6**.- Eu sei Kunfú. //(fai unha demostración)// **CAMIÑANTE 5**.- E eu sei saltar. //(da un par de choutos)// **CAMIÑANTE 4**.- Eu sei Taichí. //(fai tamén unha demostración)// **CAMIÑANTE 3**.- E eu gabear. //(fai que escala)// **ROSAMUNDA**.- ¿E tí que sabes facer? //(a camiñante 2)// **CAMIÑANTE 2**.- ¿Eu?... pois... eu sei... durmir e calar... durmir e calar... //(co dedo índice na boca inicia o mute amodiño)// **CAMIÑANTE 1**.- ¡Alto ahí! Coma pode ver... eu sei mandar. **ROSAMUNDA**.- Moitas grazas. Pois ben, agora buscade unha táboa e cousas que nos servan para a loita. **CAMIÑANTE 1**.- Xa escoitáchedes. ¡A buscar! //(Todos, agás Sincaldo que segue sentado ollando de reollo, póñense a buscar polos recunchos. Collen unha vella táboa que colocan no centro sobre unha caixa de madeira a modo de mesa e sobre déla van poñendo as cousas)// **ROSAMUNDA**.- E agora poñédevos darredor da táboa. Sincaldo nomeará ós seus leáis e valentes cabaleiros. //(vai onda Sincaldo e o léva ata a táboa non sen dificultade)// **SINCALDO**.- Agradézovos moito a vosa axuda mais non podo nomearos cabaleiros. Coma xa vos dixen, non teño a miña espada. **ROSAMUNDA**.- Non hai disculpa, eiquí téla miña. ¿Qué temos que facer? **SINCALDO**.- Repetir conmigo: “Xuro gardar fidelidade ó nobre codigo de cabaleiría" //(segundo fala Sincaldo, todos repiten as súas verbas con solemnidade)// “Xamáis fuxirei do inimigo nin abandonarei a un camarada” “Sempre defenderéi a vida, ós febles e ós indefensos” “Cumpriréi as miñas promesas e dominaréi meu xenio” **SINCALDO**.- Pola autoridade que me concedéu meu pai, o reí do xamón, vos nomeo “cabaleiros da táboa rachada“. Xa podedes collelas vosas espadas e ¡A loitar! //(saen)// ==== Escena V ==== // - Todos se preparan con entusiasmo para entrar nó castelo. Os primeiros son Sincaldo e Rosamunda seguidos de tódolos novos cabaleiros e Cardoliño que, coma sempre, facéndose o preguiceiro, entra o último. No interior do castelo soan ruídos, laios, berros, cousas que caen, cadeas, máis berros. Nun momento determinado saen tódalas pantasmas perseguidas polos cabaleiros da táboa rachada - // //(entran as pantasmas perseguidas polos cabaleiros)// **SINCALDO**.- ¡Fuxide, cobardes! Non vos quero ver máis polo meu castelo ¿entendido? **ROSAMUNDA**.- ¡Viva o príncipe Sincaldo! **TODOS**.- ¡Viva! **CAMIÑANTE 1**.- ¡Vivan os cabaleiros da táboa rachada! **TODOS**.- ¡Vivan! **SINCALDO**.- Celebraremos quince días de festa. Bailaremos e comeremos ata caer de cú. Preparádeo todo. //(a os cabaleiros)// **CAMIÑANTES**.- Si, maxestade. //(retíranse pero neste caso Cardoliño diante)// //(quedan os príncipes e camiñante 1)// **SINCALDO**.- Por favor, achégate. //(a camiñante 1)// Quero nomearte meu axudante persoal. ¿Aceitas? **CAMIÑANTE 1**.- Grazas maxestade. //(facéndolle mil reverencias)// **SINCALDO**.- E a túa primeira misión será encargarlle ós mestres carpinteiros unha nova táboa, pero por favor, ista vez, asegúrate que seña redonda. ¿O farás? **CAMIÑANTE 1**.- Si, maxestade. A súas órdes, maxestade. //(váise)// **SINCALDO**.- ¿Qué vas facer agora? ¿Voltarás a túa casa ou quedarás eiquí conmigo? **ROSAMUNDA**.- ¿Qué, qué quere dicir eiquí, Sincaldo? **SINCALDO**.- Pois o que se di sempre ó final dos contos: O de que se casaron, foron felices e comeron perdices... **ROSAMUNDA**.- ¡Qué mágoa, Sincaldo! Eu non como perdices. Son vexetariana... **SINCALDO**.- Si, qué mágoa... **ROSAMUNDA**.- Pero podemos comer outra cousa que, por iso, tampouco vai rematar mal a istoria ¿non si? **SINCALDO**.- ¿De verdade Rosamunda? **ROSAMUNDA**.- De verdade. Ímos. //(comenzan a andar collidos das mans)// Aínda que digo eu... **SINCALDO**.- Ou non... ¿E agora qué pasa? **ROSAMUNDA**.- Nada, parviño... era unha broma. **SINCALDO**.- ¿Unha broma, non si? Xa verás... xa... //(sae Rosamunda rindo e correndo diante de Sincaldo que a persegue ata fora)// ==== Epílogo ==== // - Aparecen en escena Reicaredo, Xexismunda e Tiroliro moi contentos - // **REICAREDO**.- ¿Vélo Xexismunda? Non hai mellor cousa que deixar actuar á natureza. **XEXISMUNDA**.- Tiñas razón meu Rei-caredo. ¿Gústache o castelo? Eu aquí poñería un banco de ferro para lér pola tardiña e alí... **TIROLIRO**.- Se me disculpan... maxestades... grazas á miña axuda... **REICAREDO**.- Pasácheste rompendo cousas... **XEXISMUNDA**.- E tí arrincando cadeas... **TIROLIRO**.- O da canción estivo moi ocorrente... Que tururururú, que tururururú... //(Vánse os tres rindo e cantando)// {{ doc:edu:lecturas:caballero:fin.png?nolink |}}