====== Real dicionario do koruño ====== **Edición 2011** **Enlaces** * [[https://xentedacova.wordpress.com/2007/05/29/real-akademia-del-koruno|Real Akademia del Koruño]] * [[http://inciclopedia.wikia.com/wiki/Koru%C3%B1o|Koruño Normas (Nciclopedia)]] * [[http://inciclopedia.wikia.com/wiki/Anexo:Glosario_de_Koru%C3%B1o|Koruño Glosario (Nciclopedia)]] * [[http://www.raulfg.com/diccionario-kinito/|Diccionario kinito]] ===== A ===== **Abarrote no Parrote**. En desuso. Expresión utilizada para indicar o "abarrotado" que está un sitio. Emprégase en concentracións de persoas superiores a unha densidade de 15 persoas por metro cadrado. **Abrirse**. Marcharse. **Achantarse**. Apartarse, moverse, quitarse de en medio ou esconder. //Achantar a mui!//: calar a boca. **A dolor**. Con moita énfase ou en abundancia. **Aforar**. Pegar, tamén pagar. **Aí**. Partícula de énfase. Aí, neno!: moi ben, amigo. Aí está o forito, neno! (Frase orixinal: //Aí está el forito,neno!//): moi ben, sobre todo, cando algo está mal e se arranxa. **Ao igual**... Frase que ten significados varios, por exemplo nunha pelexa significa que, como sigan así, vanse golpear. **Apalancar**. Quedarse na casa doutro e non contribuír cos gastos. **Apirolado**. Aparvado. **Aplicar**. Devolver unha broma que che fixeron ou gastala ti mesmo de inicio. * //Aplicar durísima//. Devolver a broma de tal xeito e forma que o outro non poda reaccionar. * //Aplicar a da 13-14//. Facerlle unha falcatruada a alguén ou, tamén, unha xogada dentro dun deporte que é fácil de recoñecer, pois se unha xogada acaba ben é a xogada da 13-14. **Argolla**. Aldea. **Argollano**. Aldeán. **Atorao ou atrapao**. Ido, ausente, despistado ou, tamén, ofuscado nunha cousa. **Así como de risas (de risel)**. Falto de seriedade, referido a unha situación. ===== B ===== **Baixar o po**. Tirar ou baixar o lixo. **Baldeo**. Arma branca, navalla. **Bambas**. Zapatas dos deportes ás que se lles poden introducir calcetíns baixo a lingüeta para avultar. **Barul**. Lixo. //Chindar a barul!//: tirar o lixo. **Bastas**. Mans. **Bata-lora**. Nai. **Belfo**. Beizo. //Polo belfo!//: gratis, pola cara. **Biciclitas**. Personaxe da Nova Cultura Koruña que é amigo de Charles e do Cholas, que un día falando cunha rapaza no canto de dicir Bicicleta dixo Biciclita. Tamén vive na Sagrada Familia. **Birra**. Cervexa. **Bocoi**. Gordo. **Bofia**. Policía. Terminología adaptada para la denominación del cuerpo de policía: La madera, la guripa, los munipas, los chicos, los pitufos, bazofia, la pasma, los de kas limón, los del Borussia. **Bolos**. Calcetíns que se meten nas bambas. **Botar un regao**. Mexar. **Buah!**. Interxección. Usado como unha muleta en diversas áreas: Apelación, causal, temáticas, indiferente, correlato, psicotrópicas ... Acompañase xeralmente da outra partícula neno. **Bufas**. Peitos, mamas. **Buga**. Coche **Bul**. Cu. **Burlar**. Saber de algo. ===== C ===== **Cachalote**. Gordo. **Cachar**. Descubrir a alguén facendo algo malo. **Cacharra**. Pistola, arma de fogo. **Cacharro**. Cubata ou cunca de viño. **Calamar**. Porro **Calí**. Rolo, rosco. //Comerse un calí//: ligar, comerse un rosco. **Calzoeiro**. Nalgúns sitios rapeiro. **Canibete**. Coito. //Botar un canibete//: facer o coito. **Carretar**. Levar algo pesado, sobre todo madeira para San Xoán. **Caseto**. Radio-casette dun coche. **Cebolo**. Gordo. **Chanar**. Saber de algo. **Chante**. Dentada. **Charles**. Personaxe da Nova Cultura Koruña, que vive preto da Sagrada Familia, aínda sen moitos datos nin fitos na súa conta. **Cherifo**. Líder, xefe. **Chikilín**. Dise dos rapaces pequenos. **Chimpar**. Botar a alguén dun sitio, saltar. **Chinarse**. Enfadarse, drogarse no contexto do tema da droga. **Chindar a pañí**. Mexar. **Chinorro, chinorrín**. Cativo, pequeno referido a obxectos. **Chorar**. Roubar. **Chorbiño**. Referido a alguén máis pequeno ca ti (Empregado cos nenos tamén); tamén utilizado, con ton despectivo, fai referencia a alguén que te está a molestar. **Chorbo**. Rapaz. **Choscas**. Gafas, lentes. **Chotarse**. Chibarse de algo. **Chu**. Duro, euro. //Non teño chu!//: non teño cartos. **Chupa**. Zamarra, cazadora. **Chukel**. Can. **Chuzas**. Borracho. **Chuzarse**. Consumir grandes cantidades de alcol. **Coa man aberta!**. Frase que advirte de que a alguén lle van dar unha malleira ou modo de dar un golpe. **Conachada**. Parvada. **Como se lo bate!**. Chulearse, ser un máquina. **Cotizar**. Practicar o coito. **Cundir**. Merecer a pena. **Currarse**. Pelexarse. **Curtir**. Agredir fisicamente. ===== D ===== **Dar o pao**. Atracar. **De gratis ou de gratís**. De gratis, ao gratín. **De pinga**. Estupendo. **Do mil ou do quince**. Aumentativo estándar. **Deso (o deso)**. Persoa maior ou que se cre moi importante sen selo. **Deus**. Crese que Deus foi algún fulano esquecido de cando as muvis do chorbo ese que quería dividir en dous as augas do Orzán. Cóntase que Fraga e Paco Vázquez son do seu tempo e xa discutían xuntos. Emprégase para dicir que alguén é moi bo en algo. **DJ Panaskas**. Seudónimo do Freddy empregado para ameazar a Xurxo Souto no documental “O Legado de Hércules”. **Djukic!!!!**. Berro característico do típico seareiro do fútbol, especialmente se es da Coruña e viviches a época do Superdépor. **Dobrar**. Vomitar. **Duguis**. Dous. Sempre se usa só; non como adxectivo. **Dumbas**. Orellas. **Durísimo**. Sinónimo de moito. **Durisimamente**. De modo superlativo. ===== E ===== **Empanar**. Entender algo, emprégase normalmente para dicir que non entendes algo. **Empiltrar**. Durmir. **Engorilarse**. Emocionarse. **Escais**. Ollos. **Escartarse**. Caer, facerse moito dano. **Esgarro**. Cuspe. **Eskakeado**. Agachado. ===== F ===== **Farra**. Festa **Fiera**. Que é bo en algo. **Filtrar ou fliter**. Suar. **Flapas**. Orellas. **Flai**. Peido. **Fly**. Porro. **Fotón**. Golpe. **Fraga**. Personaxe da tradición koruña que se conta chegou á terra canda Deus, que discutía con Paco Vázquez, que trouxo a tranquilidade a Galicia e á Coruña, grazas ás súas loitas memorábeis contra os castelanistas para defender o Koruño, en poucas palabras, un bo pavo. **Freddy**. Personaxe da tradición koruña que foi dono da Coruña e lle cambiou o nome polo de Chorbotawn e fixo o Camiño de Santiago desde a Praza do Obradoiro ata a Praza de Monte-Alto, é dicir, fíxoo do revés. **Fregao**. Movida, situación complicada. **Friki**. Dise do chorbo que xoga moito aos videoxogos, só fala deles e compra obxectos relacionados cos videoxogos. **Fucar**. Funcionar. **(a) Fuego**. Con intensidade. **Full**. De pouco valor. **Full de Istambul**. Superlativo. **Fulero, Fuleiro**. Adxectivo de Full. **Furar**. Golpear o balón con forza no fútbol ou estragar. **Furolo ou Furonazo**. Disparo forte no fútbol. ===== G ===== **Gambas**. Pernas. **Gambear, Ir a gambín**. Correr. **Ganso**. Que é grande, alto. **Garimba**. Cervexa. Líquido elemento, de color amarela con escuma. **Garimbería**. Cervexería, en especial referido á mítica cervexaría de Estrella Galicia de Catro Camiños. **Gepeto**. Cabeza. **Geta**. Cara. Cabeza. **Getazo**. Golpe coa cabeza. **Ghañuflas (tamén ghañufo)**. Aldeán. **Ghapo (o gapo)**. Cuspe. **Gherolo**. Cabeza. **Gicho**. Xitano, pequeno ladrón. **Gol nas Gaunas!!!!!** Outro berro característico do típico seareiro do fútbol, especialmente se es da Coruña e viviches a época do Superdépor. **Grelo**. Porro. //Ter grelo//: ter sorte. **Grillao**. Tolo. **Gripar**. Vomitar, enfermar ou estragar un vehículo por botarlle no lugar de gasolina calquera cousa. **Guano**. Porro. **Guillar**. Tolear. **Guita**. Cartos. **Guripas**. Policía ou Garda Civil. **Gusa**. Fame. ===== H ===== **Ho**. Apócope de home, empregada para dicirlle a alguén que se dea présa. ===== I ===== **Ir a baroke** (referido á discoteca de Sada “Baroke”). Irse de festa ou irse de prostitutas. **I fuego**. E xa está, faise iso e non hai volta de folla. **Irse polo friso ou polo frisamen**. Defecar enriba dun. ===== J ===== **Já, jambrina, jamba**. Rapaza ou noiva dun amigo. **Jaimolas**. Superlativo de Jaime. Tamén é un rapaz da Sagrada Familia que viste de rapeiro cuns auriculares enormes e moitos aneis e colgantes de ouro. **Jalar**. Comer. **Jalufa**. Alimentos, especialmente de orixe porcina. **Jalufar**. Comer. **Jamao**. Tolo. **Janrol**. Navalla. **Jefe ou xefe**. Persoa que por facer unha cousa crese moi boa ou intocábel, emprégase en ton despectivo. **Jerolo**. Cabeza. //Jerolazo//: golpe na cabeza. **Juangitada**. Falcatruada dun cativo. **Juja**. Referido a algo que es una merda. **Julai, Julay**. Imbécil. **Julandra, Julandrón**. Superlativo de julay, con connotacións homosexuais. **Juma**. Malleira. **Jumel**. Golpe co puño ou coa man. **Jupar / Junar**. Ver. ===== K ===== **Kel**. Casa. **Kíada**. Maldade dun kíe, falcatruadas sen importancia. **Kíe**. Chulo que busca pelexa. **Kiote ou kilote**. Rapaz sen importancia. **Kilar**. Facer o coito. **Kinito ou kinitoh**. Chulo de praia. **Kinigüini**. Rapaz que vai camiño de ser un kíe. ===== L ===== **La Coru**. Nome abreviado da cidade. Es un termo utilizado sobre todo por las femias. **Latar**. Non asistir a clase. **Lelas**. Gafas. Lentes. **Lercho/a**. Persoa que fala de máis sen saber y con maldade a veces a berros. **Les van vibrar las flapas!**. Alguén vaise emocionar cando escoite ou vexa algunha cousa. **Liada**. Complicación. **Ligada**. Cachada. (Véxase cachar). **Liló**. Tolo. **Lumi**. Prostitutas. ===== M ===== **Macoi**. Neno entre 12 e 16 anos que se vai de kíe (ou que ten kiadas). **Malaje**. Xente non grata. **Mallar**. Pegar una malleira. **Mara**. Xente. **Mararse**. Rir a gargalladas. **Matao**. Tolo ou que pensa que por facer algo que todos fan xa é alguén importante. **Matizar, Estar de matiz**. Ligar. **Maquearse**. Amañarse. **Máis que se fora**. Hai que ver o chulo que é o compadre. **Mazar**. Bicar. Atracar. Facer muñuñui. **Meco**. Golpe. **Men**. Eu ou calquera dos teus amigos. Emprégase nesta construción: //Que hai men?!//. **Meu**. Sinónimo de camarada. **Mimá!**. Expresión de admiración. **Mimén!**. Admiración. **Movida ou Muvi**. Evento. **Movidón**. Superlativo de muvi. **Movida2, movido**. Couso, cousa. **Muda**. Muller. **Mucho (neno)**. Grazas. **Mui**. Boca ===== N ===== **Najar**. Irse, vomitar. **Nel**. Non, nada ou ren. **Nel do panel**. Superlativo de nel. **Neno**. Tío, amigo, principal forma de segunda persoa do singular. **Nin jarto de grifa**. Con poucas ganas de facer algo, quere dicir literalmente: Nin farto de viño. **Notas ou notarilo**. Persoa con pouco poder pero que cre que ten moito e actúa como tal. Dise tamén dos adultos que reúnen as anteriores características. **Non hai fallo / erro**. Todo controlado. ===== Ñ ===== **Ñaco / Ñasco**. Chante. **Ñapa**. Chupaza mal feita aínda que funcione. **Ñé**. Substantivo empregado como desprezo a alguén de poucas luces. **Ñordo**. Cousa que produce noxo. **Ñu**. Que non fai un favor ou que contesta mal sen sentido. ===== P ===== **Paco Vázquez**. Disque foi un alcalde da Coruña memorábel, do tempo de Deus e Fraga, que molou moito e agora o tempo na Coruña mídese en anos a. P. V. (Antes de Paco Vázquez) ou d.P.V. (Despois de Paco Vázquez). **Pañí**. Ouriños. **Parida**. Facer unha graza que non fai graza, parvada. **Paridonga**. En desuso e eventualmente usado como superlativo de parida. **Pasantía**. Clases particulares de apoio académico. **Pelete**. Frío. **Pelote**. Golpe coa cabeza. Personaxe da tradición koruña que era amigo do Freddy e que un día fumou un porro e saíu á ventá, veu unha camisa vermella, pensou que era un autobús e tirouse. **Peluco**. Reloxo. //Que hora gasta o teu peluco?//: que hora é?. **Peña**. Grupo de persoas, amigos. **Peñuki**. Grupo de persoas que non molan, kiotes. **Percal**. Palabra comodín que significa tema, cousa... **Perito**. Arcaico; excelente. **Perras**. Traidor, Xudas. **Person**. Individuo indesexable. **Pestrucha, Pestru**. Moza habitual das pelexas e, nalgúns contextos, noiva dun. **Pestruchear**. Ligar. **Peta**. Porro. **Petado**. Cheo de xente. **Petar**. Facer o coito ou encher. **Petrolera**. Calificativo de muller que pode ser un piropo ou insulto, dependendo do contexto. **Playeros**. Calzado deportivo. **Pía**. Noxo ou fobia. **Picar**. Chocar as cinco ou chamar ao timbre de alguén. **Piltra**. Cama. **Piltrar**. Durmir. //(de) Pinga//: xenial, ao meu gusto. **Pimientix**. Xenial. **Pinrel**. Pé. **Pinrelar**. Correr. **Piños**. Dentes. **Piñata**. Boca. **Pipín o Pinpín**. Tonto. **Pirolo**. Véxase matao. **Pirolón**. Superlativo de pirolo. **Plas**. Irmán/á. **Playuki**. Praia. **Polla**. Sorte. Pene. **Potar**. Vomitar. **Potra**. Sorte. **Pozo**. Bolsillo do pantalón, ou casa en mal estado. **Prea**. Mala xente ou que vai porco, desaseado. **Prestige**. Lixo ou refugallos. **Priva**. Alcol. **Privar**. Beber alcol. **Pulir**. Vender, gañar ou gastar. **Puril, purila**. Pai, nai. ===== R ===== **Rabar**. Vomitar. **Rachí**. Festa. **Ril**. Flatulencia. **Rilar**. Defecarse enriba dun. Ter medo. **Rilao**. Mexericas. **Rular**. Pasar algo, transportar. Funcionar. **Rule**. Volta, paseo. ===== S ===== **Safar (se)**. Librar(se) dun castigo ou da realización dunha tarefa. **Salvarse**. Ser un XYZ de la vida: comportarse como XYZ en certo aspecto. * XYZ = Personaxe famoso por algún defecto que comparte co citado. **Ser un topo**. Tonto, case porque se practica. **Sobar**. Durmir. **Sobrada**. Que está de máis. **Sobrarse**. Pasarse con algo ou algén. **Sobre**. Cama. ===== T ===== **Tachiles / tachines**. Calzado. **Tajarse**. Emborracharse. **Taladrao**. Tolo. **Tocha**. Nariz. **Trenco**. Torpe. **Triguis**. Tres, no mesmo sentido que duguis. **Tripulada**. Volta co coche. **Trobas**. Melenas. (Esta palabra é usada por Pardo Bazán nalgunha das súas novelas, o que dá idea de que o cheli Koruño xa o falaban os nosos puriles, aínda que só sexa usado por nós os adolescentes). **Truco**. Véxase meco. **Truja**. Cigarro. **Trujel**. Cigarro ou paquete deles. ===== U ===== **Uñolo ou unllolo**. Véxase furonazo ou furolo. ===== V ===== **Va**. Aceptar. **Vaska**. Xente coa que te moves, amigos. **Verón**. Home moi grande. **Voltio**. Volta. **Volverse polla**. Fliparse. **Vreje**. Ano, idade. Expresión para preguntar a idade de alguén. ===== X ===== **Xu**. Noivo. ===== Y ===== **Yuki**. Acortación de playuki. ===== Z ===== **Zapatear**. Tirar de mal xeito, descansar. **Zapear**. Correr. **Zarpao**. Xenial, perfecto. **Zobar**. Correr. **Zumbar**. Pegar ou practicar o acto sexual. **Zumbe**. Atontamento. **Zuncho**. Muller pouco agraciada fisicamente. **Zurrar**. Pegar, dar unha malleira.