Real dicionario do koruño
Edición 2011
A
Abarrote no Parrote. En desuso. Expresión utilizada para indicar o “abarrotado” que está un sitio. Emprégase en concentracións de persoas superiores a unha densidade de 15 persoas por metro cadrado.
Abrirse. Marcharse.
Achantarse. Apartarse, moverse, quitarse de en medio ou esconder. Achantar a mui!: calar a boca.
A dolor. Con moita énfase ou en abundancia.
Aforar. Pegar, tamén pagar.
Aí. Partícula de énfase. Aí, neno!: moi ben, amigo. Aí está o forito, neno! (Frase orixinal: Aí está el forito,neno!): moi ben, sobre todo, cando algo está mal e se arranxa.
Ao igual… Frase que ten significados varios, por exemplo nunha pelexa significa que, como sigan así, vanse golpear.
Apalancar. Quedarse na casa doutro e non contribuír cos gastos.
Apirolado. Aparvado.
Aplicar. Devolver unha broma que che fixeron ou gastala ti mesmo de inicio.
- Aplicar durísima. Devolver a broma de tal xeito e forma que o outro non poda reaccionar.
- Aplicar a da 13-14. Facerlle unha falcatruada a alguén ou, tamén, unha xogada dentro dun deporte que é fácil de recoñecer, pois se unha xogada acaba ben é a xogada da 13-14.
Argolla. Aldea.
Argollano. Aldeán.
Atorao ou atrapao. Ido, ausente, despistado ou, tamén, ofuscado nunha cousa.
Así como de risas (de risel). Falto de seriedade, referido a unha situación.
B
Baixar o po. Tirar ou baixar o lixo.
Baldeo. Arma branca, navalla.
Bambas. Zapatas dos deportes ás que se lles poden introducir calcetíns baixo a lingüeta para avultar.
Barul. Lixo. Chindar a barul!: tirar o lixo.
Bastas. Mans.
Bata-lora. Nai.
Belfo. Beizo. Polo belfo!: gratis, pola cara.
Biciclitas. Personaxe da Nova Cultura Koruña que é amigo de Charles e do Cholas, que un día falando cunha rapaza no canto de dicir Bicicleta dixo Biciclita. Tamén vive na Sagrada Familia.
Birra. Cervexa.
Bocoi. Gordo.
Bofia. Policía. Terminología adaptada para la denominación del cuerpo de policía: La madera, la guripa, los munipas, los chicos, los pitufos, bazofia, la pasma, los de kas limón, los del Borussia.
Bolos. Calcetíns que se meten nas bambas.
Botar un regao. Mexar.
Buah!. Interxección. Usado como unha muleta en diversas áreas: Apelación, causal, temáticas, indiferente, correlato, psicotrópicas … Acompañase xeralmente da outra partícula neno.
Bufas. Peitos, mamas.
Buga. Coche
Bul. Cu.
Burlar. Saber de algo.
C
Cachalote. Gordo.
Cachar. Descubrir a alguén facendo algo malo.
Cacharra. Pistola, arma de fogo.
Cacharro. Cubata ou cunca de viño.
Calamar. Porro
Calí. Rolo, rosco. Comerse un calí: ligar, comerse un rosco.
Calzoeiro. Nalgúns sitios rapeiro.
Canibete. Coito. Botar un canibete: facer o coito.
Carretar. Levar algo pesado, sobre todo madeira para San Xoán.
Caseto. Radio-casette dun coche.
Cebolo. Gordo.
Chanar. Saber de algo.
Chante. Dentada.
Charles. Personaxe da Nova Cultura Koruña, que vive preto da Sagrada Familia, aínda sen moitos datos nin fitos na súa conta.
Cherifo. Líder, xefe.
Chikilín. Dise dos rapaces pequenos.
Chimpar. Botar a alguén dun sitio, saltar.
Chinarse. Enfadarse, drogarse no contexto do tema da droga.
Chindar a pañí. Mexar.
Chinorro, chinorrín. Cativo, pequeno referido a obxectos.
Chorar. Roubar.
Chorbiño. Referido a alguén máis pequeno ca ti (Empregado cos nenos tamén); tamén utilizado, con ton despectivo, fai referencia a alguén que te está a molestar.
Chorbo. Rapaz.
Choscas. Gafas, lentes.
Chotarse. Chibarse de algo.
Chu. Duro, euro. Non teño chu!: non teño cartos.
Chupa. Zamarra, cazadora.
Chukel. Can.
Chuzas. Borracho.
Chuzarse. Consumir grandes cantidades de alcol.
Coa man aberta!. Frase que advirte de que a alguén lle van dar unha malleira ou modo de dar un golpe.
Conachada. Parvada.
Como se lo bate!. Chulearse, ser un máquina.
Cotizar. Practicar o coito.
Cundir. Merecer a pena.
Currarse. Pelexarse.
Curtir. Agredir fisicamente.
D
Dar o pao. Atracar.
De gratis ou de gratís. De gratis, ao gratín.
De pinga. Estupendo.
Do mil ou do quince. Aumentativo estándar.
Deso (o deso). Persoa maior ou que se cre moi importante sen selo.
Deus. Crese que Deus foi algún fulano esquecido de cando as muvis do chorbo ese que quería dividir en dous as augas do Orzán. Cóntase que Fraga e Paco Vázquez son do seu tempo e xa discutían xuntos. Emprégase para dicir que alguén é moi bo en algo.
DJ Panaskas. Seudónimo do Freddy empregado para ameazar a Xurxo Souto no documental “O Legado de Hércules”.
Djukic!!!!. Berro característico do típico seareiro do fútbol, especialmente se es da Coruña e viviches a época do Superdépor.
Dobrar. Vomitar.
Duguis. Dous. Sempre se usa só; non como adxectivo.
Dumbas. Orellas.
Durísimo. Sinónimo de moito.
Durisimamente. De modo superlativo.
E
Empanar. Entender algo, emprégase normalmente para dicir que non entendes algo.
Empiltrar. Durmir.
Engorilarse. Emocionarse.
Escais. Ollos.
Escartarse. Caer, facerse moito dano.
Esgarro. Cuspe.
Eskakeado. Agachado.
F
Farra. Festa
Fiera. Que é bo en algo.
Filtrar ou fliter. Suar.
Flapas. Orellas.
Flai. Peido.
Fly. Porro.
Fotón. Golpe.
Fraga. Personaxe da tradición koruña que se conta chegou á terra canda Deus, que discutía con Paco Vázquez, que trouxo a tranquilidade a Galicia e á Coruña, grazas ás súas loitas memorábeis contra os castelanistas para defender o Koruño, en poucas palabras, un bo pavo.
Freddy. Personaxe da tradición koruña que foi dono da Coruña e lle cambiou o nome polo de Chorbotawn e fixo o Camiño de Santiago desde a Praza do Obradoiro ata a Praza de Monte-Alto, é dicir, fíxoo do revés.
Fregao. Movida, situación complicada.
Friki. Dise do chorbo que xoga moito aos videoxogos, só fala deles e compra obxectos relacionados cos videoxogos.
Fucar. Funcionar.
(a) Fuego. Con intensidade.
Full. De pouco valor.
Full de Istambul. Superlativo.
Fulero, Fuleiro. Adxectivo de Full.
Furar. Golpear o balón con forza no fútbol ou estragar.
Furolo ou Furonazo. Disparo forte no fútbol.
G
Gambas. Pernas.
Gambear, Ir a gambín. Correr.
Ganso. Que é grande, alto.
Garimba. Cervexa. Líquido elemento, de color amarela con escuma.
Garimbería. Cervexería, en especial referido á mítica cervexaría de Estrella Galicia de Catro Camiños.
Gepeto. Cabeza.
Geta. Cara. Cabeza.
Getazo. Golpe coa cabeza.
Ghañuflas (tamén ghañufo). Aldeán.
Ghapo (o gapo). Cuspe.
Gherolo. Cabeza.
Gicho. Xitano, pequeno ladrón.
Gol nas Gaunas!!!!! Outro berro característico do típico seareiro do fútbol, especialmente se es da Coruña e viviches a época do Superdépor.
Grelo. Porro. Ter grelo: ter sorte.
Grillao. Tolo.
Gripar. Vomitar, enfermar ou estragar un vehículo por botarlle no lugar de gasolina calquera cousa.
Guano. Porro.
Guillar. Tolear.
Guita. Cartos.
Guripas. Policía ou Garda Civil.
Gusa. Fame.
H
Ho. Apócope de home, empregada para dicirlle a alguén que se dea présa.
I
Ir a baroke (referido á discoteca de Sada “Baroke”). Irse de festa ou irse de prostitutas.
I fuego. E xa está, faise iso e non hai volta de folla.
Irse polo friso ou polo frisamen. Defecar enriba dun.
J
Já, jambrina, jamba. Rapaza ou noiva dun amigo.
Jaimolas. Superlativo de Jaime. Tamén é un rapaz da Sagrada Familia que viste de rapeiro cuns auriculares enormes e moitos aneis e colgantes de ouro.
Jalar. Comer.
Jalufa. Alimentos, especialmente de orixe porcina.
Jalufar. Comer.
Jamao. Tolo.
Janrol. Navalla.
Jefe ou xefe. Persoa que por facer unha cousa crese moi boa ou intocábel, emprégase en ton despectivo.
Jerolo. Cabeza. Jerolazo: golpe na cabeza.
Juangitada. Falcatruada dun cativo.
Juja. Referido a algo que es una merda.
Julai, Julay. Imbécil.
Julandra, Julandrón. Superlativo de julay, con connotacións homosexuais.
Juma. Malleira.
Jumel. Golpe co puño ou coa man.
Jupar / Junar. Ver.
K
Kel. Casa.
Kíada. Maldade dun kíe, falcatruadas sen importancia.
Kíe. Chulo que busca pelexa.
Kiote ou kilote. Rapaz sen importancia.
Kilar. Facer o coito.
Kinito ou kinitoh. Chulo de praia.
Kinigüini. Rapaz que vai camiño de ser un kíe.
L
La Coru. Nome abreviado da cidade. Es un termo utilizado sobre todo por las femias.
Latar. Non asistir a clase.
Lelas. Gafas. Lentes.
Lercho/a. Persoa que fala de máis sen saber y con maldade a veces a berros.
Les van vibrar las flapas!. Alguén vaise emocionar cando escoite ou vexa algunha cousa.
Liada. Complicación.
Ligada. Cachada. (Véxase cachar).
Liló. Tolo.
Lumi. Prostitutas.
M
Macoi. Neno entre 12 e 16 anos que se vai de kíe (ou que ten kiadas).
Malaje. Xente non grata.
Mallar. Pegar una malleira.
Mara. Xente.
Mararse. Rir a gargalladas.
Matao. Tolo ou que pensa que por facer algo que todos fan xa é alguén importante.
Matizar, Estar de matiz. Ligar.
Maquearse. Amañarse.
Máis que se fora. Hai que ver o chulo que é o compadre.
Mazar. Bicar. Atracar. Facer muñuñui.
Meco. Golpe.
Men. Eu ou calquera dos teus amigos. Emprégase nesta construción: Que hai men?!.
Meu. Sinónimo de camarada.
Mimá!. Expresión de admiración.
Mimén!. Admiración.
Movida ou Muvi. Evento.
Movidón. Superlativo de muvi.
Movida2, movido. Couso, cousa.
Muda. Muller.
Mucho (neno). Grazas.
Mui. Boca
N
Najar. Irse, vomitar.
Nel. Non, nada ou ren.
Nel do panel. Superlativo de nel.
Neno. Tío, amigo, principal forma de segunda persoa do singular.
Nin jarto de grifa. Con poucas ganas de facer algo, quere dicir literalmente: Nin farto de viño.
Notas ou notarilo. Persoa con pouco poder pero que cre que ten moito e actúa como tal. Dise tamén dos adultos que reúnen as anteriores características.
Non hai fallo / erro. Todo controlado.
Ñ
Ñaco / Ñasco. Chante.
Ñapa. Chupaza mal feita aínda que funcione.
Ñé. Substantivo empregado como desprezo a alguén de poucas luces.
Ñordo. Cousa que produce noxo.
Ñu. Que non fai un favor ou que contesta mal sen sentido.
P
Paco Vázquez. Disque foi un alcalde da Coruña memorábel, do tempo de Deus e Fraga, que molou moito e agora o tempo na Coruña mídese en anos a. P. V. (Antes de Paco Vázquez) ou d.P.V. (Despois de Paco Vázquez).
Pañí. Ouriños.
Parida. Facer unha graza que non fai graza, parvada.
Paridonga. En desuso e eventualmente usado como superlativo de parida.
Pasantía. Clases particulares de apoio académico.
Pelete. Frío.
Pelote. Golpe coa cabeza. Personaxe da tradición koruña que era amigo do Freddy e que un día fumou un porro e saíu á ventá, veu unha camisa vermella, pensou que era un autobús e tirouse.
Peluco. Reloxo. Que hora gasta o teu peluco?: que hora é?.
Peña. Grupo de persoas, amigos.
Peñuki. Grupo de persoas que non molan, kiotes.
Percal. Palabra comodín que significa tema, cousa…
Perito. Arcaico; excelente.
Perras. Traidor, Xudas.
Person. Individuo indesexable.
Pestrucha, Pestru. Moza habitual das pelexas e, nalgúns contextos, noiva dun.
Pestruchear. Ligar.
Peta. Porro.
Petado. Cheo de xente.
Petar. Facer o coito ou encher.
Petrolera. Calificativo de muller que pode ser un piropo ou insulto, dependendo do contexto.
Playeros. Calzado deportivo.
Pía. Noxo ou fobia.
Picar. Chocar as cinco ou chamar ao timbre de alguén.
Piltra. Cama.
Piltrar. Durmir. (de) Pinga: xenial, ao meu gusto.
Pimientix. Xenial.
Pinrel. Pé.
Pinrelar. Correr.
Piños. Dentes.
Piñata. Boca.
Pipín o Pinpín. Tonto.
Pirolo. Véxase matao.
Pirolón. Superlativo de pirolo.
Plas. Irmán/á.
Playuki. Praia.
Polla. Sorte. Pene.
Potar. Vomitar.
Potra. Sorte.
Pozo. Bolsillo do pantalón, ou casa en mal estado.
Prea. Mala xente ou que vai porco, desaseado.
Prestige. Lixo ou refugallos.
Priva. Alcol.
Privar. Beber alcol.
Pulir. Vender, gañar ou gastar.
Puril, purila. Pai, nai.
R
Rabar. Vomitar.
Rachí. Festa.
Ril. Flatulencia.
Rilar. Defecarse enriba dun. Ter medo.
Rilao. Mexericas.
Rular. Pasar algo, transportar. Funcionar.
Rule. Volta, paseo.
S
Safar (se). Librar(se) dun castigo ou da realización dunha tarefa.
Salvarse. Ser un XYZ de la vida: comportarse como XYZ en certo aspecto.
- XYZ = Personaxe famoso por algún defecto que comparte co citado.
Ser un topo. Tonto, case porque se practica.
Sobar. Durmir.
Sobrada. Que está de máis.
Sobrarse. Pasarse con algo ou algén.
Sobre. Cama.
T
Tachiles / tachines. Calzado.
Tajarse. Emborracharse.
Taladrao. Tolo.
Tocha. Nariz.
Trenco. Torpe.
Triguis. Tres, no mesmo sentido que duguis.
Tripulada. Volta co coche.
Trobas. Melenas. (Esta palabra é usada por Pardo Bazán nalgunha das súas novelas, o que dá idea de que o cheli Koruño xa o falaban os nosos puriles, aínda que só sexa usado por nós os adolescentes).
Truco. Véxase meco.
Truja. Cigarro.
Trujel. Cigarro ou paquete deles.
U
Uñolo ou unllolo. Véxase furonazo ou furolo.
V
Va. Aceptar.
Vaska. Xente coa que te moves, amigos.
Verón. Home moi grande.
Voltio. Volta.
Volverse polla. Fliparse.
Vreje. Ano, idade. Expresión para preguntar a idade de alguén.
X
Xu. Noivo.
Y
Yuki. Acortación de playuki.
Z
Zapatear. Tirar de mal xeito, descansar.
Zapear. Correr.
Zarpao. Xenial, perfecto.
Zobar. Correr.
Zumbar. Pegar ou practicar o acto sexual.
Zumbe. Atontamento.
Zuncho. Muller pouco agraciada fisicamente.
Zurrar. Pegar, dar unha malleira.